Proxectos piloto do AGACAL – CMR (MR311A) FEADER 2022
Neste proxecto avalíanse e valídanse novas crianzas oxidativas, realizando vinificacións experimentais en depósitos ovoides de formigón e granito, de forma comparativa coas crianzas reductivas en aceiro inoxidable. As vinificacións experimentais realízanse con albariño para os brancos e sousón para as vinificacións en tinto.
O principal obxectivo do proxecto é identificar protocolos de crianza oxidativa que maximicen o seu potencial enolóxico e permitan a súa recuperación e valorización na viticultura Atlántica.
no proxecto viñOXs caracterízanse os viños resultantes no tocante a parámetros enolóxicos básicos, perfís aromáticos e polifenólicos e análise sensorial (profesional e de consumidor).
O tratamento dos resultados permite caracterizar e avaliar cada un dos protocolos de crianza e os seus aspectos craves no campo enolóxico, técnico-produtivo, económico e de mercado.
Así mesmo, no proxecto valídanse diferentes protocolos de limpeza e hixienización destes depósitos alternativos e realízase unha Análise de Ciclo de Vida (ACV) das alternativas de crianza propostas, así como dos materiais dos depósitos, avaliando pegada de carbono e hídrica e finalmente a súa viabilidade ambiental.
O proxecto iniciouse en maio do 2022 e finaliza en novembro do 2024, cun financiamento FEADER do 80%, e conta coa participación dos centros de investigación da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA – AGACAL) e a Misión Biolóxica de Galicia (MBG -CSIC).
